Nova orde ministerial para combater os calotes telefónicos
luns, 17 de febreiro do 2025
Nos últimos anos, as estafas por suplantación de identidade mediante chamadas e mensaxes fraudulentas convertéronse nun problema crecente. Para facer fronte a esta ameaza, o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública aprobou a Orde Ministerial TDF/149/2025, que introduce medidas clave para garantir a seguridade das comunicacións e protexer aos cidadáns.
A nova normativa establece unha serie de obrigas para os operadores de telecomunicacións destinadas a bloquear chamadas e mensaxes sospeitosas e garantir a identificación correcta da numeración utilizada.
As medidas máis destacadas son:
– Bloqueo de chamadas sospeitosas: ObrÃgase aos operadores a impedir chamadas con identificación de liña manipulada ou que utilicen numeración non asignada.
– Control das chamadas internacionais: ImpÃdese que chamadas internacionais poidan facerse pasar por números españois, salvo nos casos de itinerancia lexÃtima.
– Regulación dos alias en mensaxes SMS/MMS/RCS: As empresas e administracións que usen alias para comunicacións deberán rexistralos oficialmente.
– Prohibición do uso de móbiles para chamadas comerciais: As chamadas comerciais non solicitadas e os servizos de atención ao cliente non poderán empregar números móbiles.
– Numeración gratuÃta para chamadas comerciais: O Goberno promove o uso de números 800 e 900 para facilitar a identificación destas chamadas e permitir a resposta sen custo.
O obxectivo principal desta normativa é devolver a confianza dos cidadáns nas comunicacións electrónicas e minimizar os riscos asociados aos calotes telefónicos. Con estas medidas, o Goberno busca dificultar as prácticas fraudulentas e garantir que as chamadas e mensaxes sexan un medio seguro e fiable para a comunicación entre empresas, administracións e cidadáns.
A orde ministerial entrará en vigor o 10 de marzo, aÃnda que as medidas recollidas na mesma aplicaranse de xeito paulatino, pois algunhas terán 3 meses de prezo máximo para ser de obrigado cumprimento, mentres que outras non terán efecto até dentro de 15 meses (pois precisas de traballos de coordinación internacional). Agárdase que estas accións contribúan a reducir significativamente o volume de estafas e mellorar a seguridade das comunicacións en España.