Artigos desta sección
Google domina o sector das buscas na Internet
Dende o afamado blog de novas sobre o buscador máis popular do mundo, Google Dirson, comentan o documental Google, tras la pantalla que se emite na canle Odisea, especialmente no tocante ás estatísticas de uso de Google a nivel mundial, na que se aprecia que a penetración do buscador é do 59,7% a escala global, pero que particularmente achega unhas cifras (...)
Ler máisMicrosoft presenta o Windows Vista este martes na Coruña
O Windows Vista (o novo sistema operativo de Microsoft) está a chegar a Galiza vía A Coruña e tendo ó Centro de Estudos Caixa Galicia como primeiro (que non derradeiro) centro de operacións.Será neste espazo, ó longo da xornada de hoxe martes 11, onde diferentes representantes da empresa fundada por Bill Gates farán fincapé nas novidades que achega o novo (...)
Ler máisMySpace tratará de impedir que os delincuentes sexuais accedan ós seus servizos
MySpace é hoxe por hoxe un servizo web que conta cun importante seguimento por parte da mocidade (sobre todo) que se achega a ela pola oferta de música e lecer, aínda que tamén é (inevitablemente) empregada por adultos na busca de sexo con menores. Sabedores disto (ou polo menos recoñecendo o problema abertamente), os creadores de MySpace veñen de anunciar a (...)
Ler máisFirefox: adeus ás minorías minoritarias
O navegador Firefox, de devecer algo, devece por deixar de ser sinal distintivo dunha minoría internauta que leva anos negándose a saír a bailar con Microsoft e o seu Internet Explorer. O seu soño, en caso de que un navegador puidese algún día ter un soño, é quitarse de enriba a imaxe de ferramenta semi-friki para usuarios de software libre e convencer das súas (...)
Ler máisO Festival de Documentais de Tui recibe 5.613 documentais de 55 países
Do vindeiro 21 ó 25 de marzo do 2007 terá lugar en Tui o Festival Internacional de Documentais, máis coñecido como Play-Doc e que celebra xa a súa terceira edición e conta polo de agora con 513 películas procedentes de 55 países de todo o mundo, unha cifra nunca acadada até o momento que pon de relevo a magnífica acollida deste festival alén das nosas fronteiras, (...)
Ler máisO anunciado libro da Miss Intelijente sae finalmente á luz.
A súa autora faise chamar “la más guapa” e defínese a si mesma como “una chica muy simpatica y tambien muy guapa”. Porén, o certo é que (guapa ou non) a protagonista da bitácora Diario de una Miss intelijente acadou nos últimos meses un gran éxito de audiencia, sobre todo na Arxentina, chegando a participar en programas de radio e televisión e causando furor alí (...)
Ler máisO CESGA e a UDC colaboran nun proxecto tecnolóxico para mellorar a calidade de vida dos discapacitados dende os seus fogares
Afondar nas posibilidades das novas tecnoloxías da información como instrumentos para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidades. Este é un dos grandes obxectivos dun proxecto recentemente aprobado pola Dirección Xeral de I+D e que conta coa área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia en labores de coordinación e coa unidade (...)
Ler máisCase un milleiro de blogueiros vense estes días as caras en París
Calquera escusa é boa para reunirse, e o fenómeno blog, a xulgar pola interminable listaxe de congresos e xuntanzas diversas que orixina, é un dos máis potentes pretextos da actualidade.Hoxe luns 11 e mañá martes estase a celebrar en París o que podería ser unha boa mostra desta teima de verse as caras que teñen os blogueiros de tódolos recunchos do mundo logo (...)
Ler máisUn novo servizo permite incorporar cadros de texto ós vídeos on-line
Hai anos que a MTV vén emitindo programas coma Pop-Up Video, no que durante un vídeo clip musical vai aparecendo texto en pantalla con comentarios sobre o que se está a ver (ou datos históricos sobre o momento no que se realizou o vídeo) e este tipo de creación audiovisual pode estar agora ó alcance de calquera internauta grazas a BubblePLY, que permite (...)
Ler máisGoogle Earth ábrese á web xeográfica
O programa Google Earth, que permite ver imaxes aéreas de todo o mundo cun detalle impresionante, permite a integración de distintos contidos mediante capas gráficas que se superpoñen ás imaxes, e acaba de incorporar a que dán en chamar Geographic Web, que é un machuco de contidos da Wikipedia, de Google Earth e de Panoramio.Deste xeito, cando un se achega (...)
Ler máis0 | ... | 42020 | 42030 | 42040 | 42050 | 42060 | 42070 | 42080 | 42090 | 42100 | ... | 42440