Artigos desta sección
Unha web converte a varios formatos os vídeos de servizos coma YouTube
O éxito dos vídeos en servizos coma YouTube ou Google Vídeo abriron unha porta de saída a moitos contidos na Rede, pero que parecen presos da mesma, xa que se almacenan nun formato de vídeo coñecido coma FLV, de difícil reprodución e complicada conversión a outros formatos, polo que veñen de crear o servizo FLV Online Converter, que con só incluír o enderezo do (...)
Ler máisUn truco permite intercambiar ficheiros co Zune sen DRM
O novo reprodutor multimedia de Microsoft, o Zune, está a recibir críticas polas súas limitacións, xa que non permitía o seu uso coma disco duro externo para o ordenador e engadía restricións de uso nos ficheiros intercambiados con outros reprodutores mediante Wi-Fi, e antes de que alguén realice unha versión do firmware que corrixa estes problemas xa aparecen (...)
Ler máisBrasil recibe prototipos operativos do portátil XO
O proxecto de Nicholas Negroponte para achegar ordenadores portátiles para os cativos dos países en vías de desenvolvemento comeza a dar pasos adiante, e chega a Arxentina e Brasil, a través de equipos de mostra, para comprobar se os ordenadores XO dan a talla.Así, o pasado venres recibiron en Brasil 65 portátiles do proxecto OLPC, que se amosaron nunha (...)
Ler máisO CMG organiza A blogosfera, un curso sobre blogs
Os weblogs, esas conversas na Rede que están a revolucionar ós medios, ás empresas e ós cidadáns, tocan cada día máis temas diferentes: actualidade, política, cultura, deportes, literatura ou tecnoloxía. Calquera cuestión é valida para opinar e informar. Un blogueiro perante o seu ordenador é como un rapaz de primaria ó que lle suxiren unha redacción de tema libre: (...)
Ler máisO emprego de emuladores e a copia de DVDs serán legais en Estados Unidos (mais con condicións)
En resposta a unha crecente demanda social, en Estados Unidos os órganos reguladores están a converter en legais algunhas actividades que até hai ben pouco non o eran; e non nos referimos ó consumo común de marihuana (aínda que podía ser), se non que se trata de cuestións como a liberalización de móbiles, o emprego de emuladores ou a copia de DVDs con obxectivos (...)
Ler máisMicrosoft mantén tirapuxas idiomáticos con indíxenas mapuches de Chile
Somos donos do idioma que falamos? Esta pregunta formulada dun xeito non retórico, atópase viva en Chile debido ó tirapuxa que mantén unha tribo indíxena da etnia mapuche co xigante do software Microsoft e que pode acabar coa multinacional nos xulgados chilenos.A decisión da compañía tecnolóxica de lanzar (o pasado mes de outubro) o seu paquete de software (...)
Ler máisLudus Party.net acollerá a presentación das consolas Nintendo Wii e Play Station 3
A xuntanza redeira Ludus Party.net servirá para poñer en liña (quen non “á liña”) á mocidade galega (e non galega) que acuda ó recinto de Feiras e Exposicións entre o 1 e o 3 de decembro, pero tamén como pasarela galega para a presentación en exclusiva de importantes novidades do mercado tecnolóxico e do lecer, como por exemplo as consolas Nintendo Wii e Play (...)
Ler máisOs finalistas do Concurso Novaxove Music (elixidos na Rede) actúan este venres en Santiago
O Concurso Novaxove Music que organiza Caixanova a través da iniciativa Novaxove e que chega este venres 24 á súa fase final en Santiago ten un pequeno gran detalle que indica ben ás claras por que vieiros se están desenvolver hoxe e no futuro inmediato a práctica totalidade de concursos, convocatorias, mobilizacións ou eventos colectivos de calquera índole: (...)
Ler máisOs vídeos de YouTube axúdanlle á TV a adquirir maior audiencia
A cadea de televisión estadounidense CBS asegura que dende a firma dun acordo con YouTube para pendurar vídeos con contidos da súa programación no coñecido portal, o número de espectadores dalgún dos seus programas aumentou notablemente (até un 5% nalgún caso concreto, coma no caso do programa de David (...)
Ler máisSOFTTEK afiánzase no mercado europeo de servizos tecnolóxicos dende A Coruña
A multinacional mexicana de servizos tecnolóxicos SOFTTEK, que ten no Centro de Entrega da Coruña a súa base de operacións a nivel europeo, vén de nomear a Ricardo Valencia como director xeral para a división da empresa no continente. SOFTTEK, que leva tres anos desenvolvendo o seu labor en España (dende Galiza, principalmente), quere reforzar con este (...)
Ler máis0 | ... | 42050 | 42060 | 42070 | 42080 | 42090 | 42100 | 42110 | 42120 | 42130 | ... | 42400