Novo director de Planificación Industrial en Arteixo Telecom
luns, 12 de abril do 2010
Rubén Lestón, un licenciado en Física
pola Universidade de Santiago de Compostela que conta con preto de 10 anos de
experiencia en Arteixo Telecom, vén de ser nomeado pola compañía como director
de Planificación Industrial, posto que o reporta directamente á Dirección Xeral
e que o leva a ter ao seu cargo os departamentos de Dirección de Produción,
Mantemento Industrial, Dirección de Enxeñaría, Planificación, Almacén, Postventa
e Compras.
Lestón incorporouse a Arteixo Telecom en 2001
como Enxeñeiro de Compras, pasando dous anos máis tarde a ocupar o cargo de
director do departamento, responsabilidade que viña exercendo ata a data. Agora
ascende a un dos postos do primeiro nivel directivo da compañía, dende o que se
marca como obxectivos prioritarios da súa xestión “continuar a política de investimentos para aumentar a capacidade
tecnolóxica da compañía, mellorar a eficiencia dos procesos e o rendemento da
planta industrial, e garantir o alto nivel de calidade que caracteriza o
produto fabricado por Arteixo Telecom”.