Novo número da nosa edición impresa

luns, 1 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos proxectos que revolucionan a nosa relación co mar e á mellora da cobertura da Internet en Galicia. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Ignicia fortalece as pontes de comunicación entre os nosos espazos de I+D e as empresas
– O CITIC celebrou cunha manchea de actividades o Día da Muller e a Nena na Ciencia
– A Estratexia Galicia Dixital 2030 achegará servizos públicos acordes ao século XXI
– O presidente do CPEIG fai un chamamento pola transformación a nivel europeo, estatal e galego
– UNICEF, o CCII e a USC impulsan un estudo para mellorar a relación dos adolescentes coas TIC
– Entrevistamos a Javier Domínguez Lino, presidente executivo de SOGAMA
– O dúo viaxeiro MundoSinRumbo fálanos das súas experiencias nos mundos reais e dixitais
– Gradiant pon a proba con Lola Flores a súa tecnoloxía para detectar fraudes e suplantacións
– EGATEL e Aerocamaras impulsan propostas tecnolóxicas para mellorar a comunicación no mar
– O portal Lingua.gal achéganos un completo menú de contidos culturais en galego
– As empresas e institucións arrincan o ano con relevantes exemplos de innovación galega
– Entrevistamos Belén Pérez Rodríguez e Andrés Rodríguez López, da Ciberseguridade de Balidea
– As operadoras e os concellos fan avanzar a cobertura tecnolóxica nos concellos da nosa terra
– Esténdese a máis centros e franxas de idade iniciativa 21 días falando co galego e +
– A UNED retoma con oito expertos o seu Seminario de IA en Ourense

PUBLICIDADE