Novos detalles sobre o lanzamento de Fortnite para Android
martes, 7 de agosto do 2018
Dende XDA-Developers continúan a botar máis leña ao lume
sobre o lanzamento de Fortnite para
Android, estrea que vai ser moi polémica, por realizarse
fóra da tenda de aplicacións de Google e por contar cunha exclusiva
temporal asinada con Samsung que vai dar moito que falar.
AÃnda que a información non é oficial, senón que parte dunha copia da
aplicación filtrada, espérase que Fortnite
para Android só
poida funcionar durante os primeiros 30 dÃas en teléfonos Samsung Galaxy Note9
e en tabletas Samsung Galaxy Tab S4, e durante os dous meses seguintes
tamén serÃa compatible para móbiles de alta gama de Samsung a partires do
Galaxy S7, ou sexa, que os usuarios de móbiles doutras marcas terÃan que
esperar 3 meses en total para poder gozar de Fortnite no seu dispositivo.
A fiestra de 3 meses para gozar do xogo semella demasiado grande, polo que
haberá que esperar ao anuncio oficial de Epic Games, que previsiblemente se
realizará este xoves durante o acto de presentación do Galaxy Note9.
Ao parecer, a copia filtrada de Fortnite
para Android incluirÃa numerosas comprobacións de marca e modelo do smartphone
no que corre, de xeito que, cando se detecta que o móbil no que está a
executarse non é un dos que gozan do xogo en primicia, a aplicación resÃstese a
funcionar, aÃnda que non serÃa de sorprender que en poucas semanas circulasen
versións modificadas do xogo para correr en máis dispositivos, co conseguinte
perigo para a seguridade que supón a instalación de programas de fontes
descoñecidas. Temos asà que o lanzamento de Fortnite
pode chegar a converterse en toda unha ameaza para a seguridade dos
dispositivos con Android, por levar a moitos usuarios a instalar o xogo máis
esperado da tempada sen esperar ás canles de distribución oficiais.
VÃdeo no que se amosa como o APK filtrado de Fortnite non corre en smartphones distintos dos autorizados