O 1 de xullo baixarán os prezos de telefonÃa en itinerancia na UE
mércores, 25 de xuño do 2014

- Dende a Comisión Europea destacan que os novos prezos do uso de datos en itinerancia serán 25 menores aos de 2010
Continuando o plan do ano pasado da Comisión Europa para
limitar os custos do uso da telefonÃa móbil en itinerancia dentro da Unión
(sobrecusto que incluso prevén erradicar no futuro) temos agora que o vindeiro 1 de
xullo vai ter lugar a segunda fase de reducións de prezos, que suporá unha
baixada no prezo dos servizos de datos do 55,5%, mentres que facer chamadas
baixará un 21%, recibilas baixará un 28,5% e enviar unha mensaxe de texto
reducirá o seu prezo un 25%.
Deste xeito, a partir do martes que vén, cando vaiamos a outro paÃs europeo teremos
un prezo por chamada máximo de 19 céntimos/minuto, teremos que pagar un máximo
de 5 céntimos/minuto por recibir chamadas, as mensaxes de texto custarán un
máximo de 6 céntimos (o que sorprende por ser considerablemente máis económico
que o prezo que normalmente pagamos dentro de España) e o tráfico de datos baixará
a 20 céntimos por Mbytes.
Estas rebaixas de prezo chegan a tempo para os cidadáns que queiran viaxar por
Europa nas súas vacacións, e supoñen un importante aforro, que dende a Comisión
ilustran cunha táboa na que analizan un consumo de datos moderado durante unha
semana noutro paÃs da UE, que serÃa duns 69,39 euros cos prezos actuais e 30,84
euros cos novos prezos, pero que, nas tarifas que padeciamos en 2010 terÃamos
que facer fronte a uns cargos de 983,75 euros, o que ilustra perfectamente a
necesidade de mudar este tipo de sobrecustos, que avanzan cara a súa
desaparición (proceso aprobado a nivel europeo, pero que agora deberán negociar
os distintos estados membros).

- Táboa coa evolución dos prezos do roaming na UE
