O 24 de outubro comezarán as emisións da NBA en Prime Video
luns, 18 de agosto do 2025
Prime Video confirmou que ofrecerá en exclusiva 67 encontros da tempada regular da NBA 2025-26, nunha aposta sen precedentes polo baloncesto na súa plataforma en España. A cobertura arrincará o venres 24 de outubro cunha dobre xornada que reavivará rivalidades recentes dos Playoffs: Boston Celtics contra New York Knicks e Minnesota Timberwolves contra Los Angeles Lakers.
A programación incluirá tamén partidos internacionais en Europa, coa cita en BerlÃn o 15 de xaneiro e en Londres o 18 de xaneiro de 2026, onde se enfrontarán Orlando Magic e Memphis Grizzlies. Ademais, Prime Video retransmitirá en exclusiva as Finales da NBA en xuño, converténdose na primeira edición de NBA en Prime en España.
A plataforma dará especial protagonismo á Emirates NBA Cup 2025, cuxa fase de grupos comezará o 31 de outubro co duelo entre Philadelphia 76ers e Boston Celtics. Durante cinco semanas consecutivas ofreceranse dobres xornadas con choques destacados como Nuggets–Warriors (7 de novembro), Heat–Knicks (14 de novembro) ou Pacers–Cavaliers (21 de novembro). O Black Friday, 28 de novembro, marcará o final da fase de grupos cos encontros Bucks–Knicks e Mavericks–Lakers. As eliminatorias da NBA Cup xogaranse do 9 ao 16 de decembro en Las Vegas.
Entre os partidos sinalados do calendario figuran algúns clásicos e duelos entre estrelas: Celtics–Lakers (6 de decembro), Thunder–Mavericks de Cooper Flagg (6 de decembro), a revancha das Finales 2025 entre Thunder e Pacers (23 de xaneiro) ou Lakers–Warriors (9 de abril), que volverá reunir a LeBron James e Steph Curry. Thunder, Lakers, Knicks e Warriors serán os equipos con máis presenza en Prime Video, con dez partidos cada un.
A cobertura inclúe oito partidos en horario europeo de máxima audiencia, con especial atención ás figuras do continente como Victor Wembanyama (Spurs), Giannis Antetokounmpo (Bucks) e os irmáns Wagner (Magic).
No tramo decisivo, Prime Video ofrecerá tamén o SoFi NBA Play-In Tournament 2026 (14 a 17 de abril), un terzo dos encontros de primeira e segunda rolda dos Playoffs, unha serie de finais de conferencia e, por primeira vez en España, as Finales da NBA de xuño de 2026.
Lembremos que Prime Video fÃxose cos dereitos das retransmisións da NBA para os vindeiros 11 anos, polo que será interesante ver como a plataforma orientada ao vÃdeo baixo demanda explota o negocio dos deportes en directo.

