O 28,52% dos nenos composteláns fan uso do móbil

martes, 28 de agosto do 2007 Marcus Fernández

A pasada semana comentabamos que en España hai 1.201.735 nenos de entre 10 e 14 anos con móbil, e agora sabemos que o Instituto Galego de Estatística facilitou a La Voz datos relativos á comarca de Santiago de Compostela, onde 12.762 cativos de entre 5 e 14 anos (o 28,52%) utilizarían habitualmente o móbil, superando a penetración media galega (o 26,35%).
O estudo do IGE amosa que pouca xente moza se resiste a entrar no mundo da telefonía móbil, aínda que a porcentaxe de uso vai reducíndose segundo o s grupos de idade, estando do 90,94% nos rapaces de 15 a 19 anos e descendo ata o 35,72% entre as persoas de máis de 55 anos.
Galicia tería unha penetración do móbil (o 62,93%) moi próxima ó global da poboación española (o 67,35%).