O 97% da poboación do Condado xa conta con cobertura de acceso á Internet

luns, 4 de febreiro do 2013 Redacción

O Roadshow Movistar Galicia forma parte das accións complementarias do Plan de Banda Larga da Xunta de GaliciaA aula móbil de Movistar que pretende achegar as vantaxes da Internet á poboación rural, o Roadshow Movistar Galicia, chega hoxe ao Concello de Salvaterra do Miño, onde máis dun 93% da poboación xa ten cobertura de Internet grazas aos avances do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, que segundo veñen de dar conta facilitou a posibilidade de contectarse á Rede a máis de 12.300 veciños da comarca do Condado que carecía de cobertura. Na Comarca actualmente hai 42.000 persoas con conexión á Rede (o 97% da poboación) cando antes do Plan do Goberno galego tal porcentaxe limitábase ao 68%.
A unidade móbil do Roadshow Movistar Galicia conta con 4 postos con ordenador nos que de xeito gratuíto se levarán a cabo diferentes demostracións para que os usuarios experimenten de forma práctica o sinxelo que resulta realizar unha compra online, solicitar unha cita médica, renovar o DNI ou consultar todo tipo de información (prensa, música, ofertas de emprego, partes meteorolóxicos, trámites coa Administración, etc.). A aprendizaxe estará supervisada en todo momento por persoal especializado de Telefónica.