O ADSL indirecto de Vodafone comeza a dicir adeus
luns, 26 de novembro do 2018
O avance da fibra óptica ata o fogar é imparable, o que
supón a progresiva desaparición dos servizos baseados en par de cobre, ou sexa,
que o ADSL ten os dÃas contados, e no caso dos operadores que ofrecen o servizo
a través das redes de terceiros aÃnda chegará antes do que moitos esperan, e
Vodafone está a contactar cos seus clientes de ADSL indirecto (subministrado
principalmente a través de liñas telefónicas de Movistar) para advertir
dos peche do servizo o 15 de decembro.
A meirande parte dos clientes afectados xa migraron á fibra óptica e, dos
pendentes, procurarase o salto á fibra en cando sexa posible e, mentres tanto,
ofréceselles unha conexión de 4G en casa con 80 GB para navegar todos os meses.
Temos aquà un claro indicativo de que a banda larga de calidade no fogar é cada
vez máis accesible, e grazas ás novas infraestruturas pecharase en boa medida a
pronunciada fenda de acceso que actualmente hai no noso territorio.
