O Anexo M de Jazztel chega a Lugo, Ourense e A Coruña o 10 de xuño

martes, 9 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Mapa inicial de implantación da tecnoloxía Anexo M

Jazztel está a ultimar o lanzamento dunha nova conexión de ADSL de 20 Mbps con Anexo M que achega unha velocidade de subida de 2,5 Mbps, o que supón un importante elemento diferenciador con respecto doutras conexións de banda larga no mercado español, e que estivo a ser probado por 500 clientes durante o mes de maio en Zaragoza e que a partir do 10 de xuño estará tamén dispoñible en Albacete, Ávila, Cuenca, Guadalaxara, Álava, Cáceres, Cidade Real, Burgos, A Rioxa, Almería, Badaxoz, León, Alacante, Guipúscoa, A Coruña, Lugo e Ourense, mentres que para o resto de provincias irase espallando o servizo paulatinamente ata o vindeiro 15 de xullo.
O novo servizo fa uso da tecnoloxía ADSL2+, e permite que o usuario autoxestione a súa conexión segundo as necesidades que teña en cada momento, o que agradecerán especialmente os internautas que tenda a publicar contidos coma fotografías ou vídeos na Rede, que non terán que agardan tanto como nas conexións actuais para achegar o seu material ao resto do mundo.
Os clientes tanto antigos coma novos do servizo ADSL 20 Megas de Jazztel poderán gozar do novo servizo de balde cando estea dispoñible na súa localidade.


Vídeo promocional do Anexo M