O BNG alerta das repercusións negativas para Galicia do inminente ERE de Telefónica
venres, 22 de decembro do 2023
O deputado do BNG
Ramón Fernández Alfonzo advertiu
esta mañá das consecuencias que pode ter en Galicia o anuncio de despedimento
colectivo no grupo Telefónica tanto no plano laboral como sobre a calidade
do servizo que presta no noso territorio.
A nivel laboral,
subliñou que en termos relativos o impacto se prevé maior que no resto de
España, pois segundo as previsións iniciais o ERE proposto pola empresa
afectarÃa a 339 das 600 que persoas prestan servizos actualmente en Galicia (máis
da metade), cando a nivel estatal a proposta primeira da empresa afectarÃa a
5.124 traballadores, unha terceira parte do cadro de persoal.
Trátase, asegurou
o deputado nacionalista, «dun novo paso adiante» nun camiño que Telefónica xa
iniciou hai tempo, e que na Galiza supuxo unha «amortización brutal» de postos
de traballo nos últimos anos, ao pasar o número de persoas que traballaban na
compañÃa de 1.505 no 2011 ás 339 previstas para despois deste novo ERE, o que
supón unha redución do 77% do persoal.
Fernández Alfonzo
preguntou ao Goberno do PP polas súas xestións ante o anuncio do ERE de
Telefónica na Comisión 6ª, na que puxo de relevancia a preocupación do BNG
polas consecuencias que este proceso pode ter tamén na calidade da prestación «dun
servizo que debe ser considerado esencial e público».