O BNG pide que se regulen os teléfonos 905 para protexer aos consumidores
xoves, 6 de novembro do 2008
Xosé Manuel Pérez Bouza, senador
do BNG, presentou unha iniciativa na que demanda ao Goberno que regule a
utilización dos prefixos telefónicos 905 «para
protexer aos consumidores evitando situacións abusivas e fraudulentas» que
se fan en moitas ocasións en concursos de televisións locais, autonómicas e estatais.
Pérez Bouza lembra que os servizos do prefixo 905 «son un auténtico negocio tanto para as operadoras de telefonÃa como
para as canles de televisión, xa que unha parte do prezo corresponde ao operador, e a outra
págase pola participación no concurso, producÃndose de feito unha tarificación
adicional», lembrando tamén que o prezo destas chamadas é de 1,20
euros/minuto de media.
O Goberno prometeu hai máis dun ano que os teléfonos 905 se incluirÃan nos
prefixos de tarificación adicional para mellorar a protección dos consumidores
pero o senador do BNG incidiu no feito de que «a dÃa de hoxe a promesa non se cumpriu e atopámonos con que os servizos
prestados a través deste prefixo, ao non estar considerados de tarificación
adicional –a pesar de selo na práctica– seguen sen estar obrigados a cumprir co
Código de Conduta que rexe as prestacións destes servizos».
Actualmente os números con prefixos 803, 806 e 807 están regulados, e deben
informar do prezo da chamada e procurar non alongar a súa duración, o que
deberÃa trasladarse aos números 905 por ser na práctica equivalentes aos
anteriores.

