O CESGA introdúcenos en xuño nas potencialidades da súa plataforma Hadoop 3
martes, 21 de maio do 2019
O
vindeiro 11 de xuño, en horario de 10.00 a 13.00 horas, o Centro de
Supercomputación de Galicia (CESGA) vai acoller un obradoiro sobre
análise de información a gran escala poñendo
o foco principal nas funcionalidades e potencialidades da súa nova
plataforma Hadoop 3, orientada precisamente ao ámbito do Big
Data. O taller servirá para introducir aos participantes nas
ferramentas dispoñÃbeis ao abeiro da dita plataforma que inclúe
igualmente a nova versión de Spark 2.4. A maiores, a sesión
formativa servirá de alicerce para posteriores talleres sobre
ferramentas especÃficas incluÃdas na plataforma, por exemplo Spark.
A
cita será na sede do CESGA, e está destinada a usuarios actuais da
devandita plataforma e, tamén, a novos desevolvedores que precisen
acceso a ferramentas útiles e eficaces de tratamento e análise da
información a gran escala. Achegaralles coñecemento sobre como
conectarse á plataforma Hadoop3 , sobre como transferir datos de
xeito eficiente, sobre as ferramentas que están dispoñÃbeis e
sobre como lanzar estas ferramentas.
Hadoop,
para quen non o saiba, é un sistema de código aberto que se emprega
para almacenar, procesar e analizar grandes volumes de datos,
executando aplicacións en clústers de hardware básicos. Permite,
entre outras cousas, illar aos desenvolvedores dos atrancos propios
da programación paralela, é quen de executar procesos en paralelo
en todo intre e proporciona acubillo masivo para calquera cantidade
de información, amais dun inxente poder de procesamento. Dende hai
tempo o sistema é empregado por empresas como Google para extraer
información útil de entre a enorme cantidade de datos que
recompilan, unha inxente información que se denomina, precisamente,
Big Data.