O CPEIG organiza o venres unha xornada sobre as oportunidades e medos que xera a IA
martes, 27 de xuño do 2023
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en
Informática de Galicia (CPEIG) organiza esta semana unha xornada
sobre Intelixencia Artificial: Oportunidades, regulación e medos,
en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e
Pintos&Salgado Abogados. A sesión celebrarase o vindeiro venres,
30 de xuño, de 10.00 a 11.30 horas na sede da confederación
empresarial en Ourense (praza das Damas, 1) en modalidade presencial
e online.
Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias
que arrincará o venres en Ourense para achegar a Intelixencia
Artificial (IA) ao sector empresarial e ao público en xeral
interesado nesta disciplina das ciencias da computación.
A presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, presentará a
sesión na que intervirán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e
o avogado VÃctor Salgado, socio director da firma referente en
Galicia de dereito TIC, Pintos & Salgado Abogados, que achegarán
aos asistentes a IA como unha nova expectativa na empresa, abordando
a cuestión desde diferentes perspectivas.
A xornada é gratuÃta con previa inscrición na
ligazón especÃfica habilitada.