O Clúster do Turismo volve elixir nas redes os mellores superpresumidores da terra galega
venres, 17 de agosto do 2018
O
Clúster do Turismo de Galicia vén de darlle novos azos á súa
campaña Presume de
Galicia (en activo dende hai dous anos) co obxectivo de
buscar o novo “superpresumidor ou superpresumidora do ano”. Deste
xeito, entre este mes de agosto e o mes de novembro, a comunidade
Presume de Galicia volverá premiar os internautas que máis e
mellor traballaran a prol da promoción da nosa terra ao longo deste
2018. Asemade, recoñecerase o labor dos “superpresumidores do
mes”. Todos eles serán elixidos na Rede: as distincións recaerán
entre as persoas que obteñan máis votos coas súas fotografías.
A
día de hoxe, o Clúster lembra que a devandita comunidade foi quen
de superar os cen mil usuarios nas diferentes redes sociais nas que
ten perfil (Facebook, Twitter e Instagram, ademais de contar con
canle en YouTube), sendo o seu obxectivo seguir medrando e poñendo
en xogo un espazo 2.0, participativo, no que compartir todo tipo de
experiencias e recantos de interese das nosas catro provincias.
Volvendo
ao certame, o Clúster recorda que os presumidores que obteñan
máis votos con algunha das súas fotografías penduradas nas redes
poderán conseguir entre os meses de agosto e novembro estadías en
hoteis de tres e catro estrelas en Galicia. Ademais, quen acade máis
valoracións positivas ao remate da campaña obterá o recoñecemento
de “Presumidor
do Ano” e un premio especial que incluirá unha actividade
complementaria á súa estancia hoteleira.
Facebook,
a principal rede
Con
Presume de Galicia, o Clúster quixo crear “un punto de
encontro para namorados da nosa terra”, no que se atopan galegas e
galegos que viven no territorio e outras e outros que se atopan fóra
e que se asoman ás redes sociais de Presume de Galicia para
manter o contacto co seu lugar de orixe. Segundo sinala o Clúster,
as redes sociais son o principal escenario no que se desenvolve a
iniciativa, especialmente
Facebook, onde a comunidade supera o 90 mil seareiros.