O Concello de Brión organiza tres obradoiros gratuÃtos de informática para a veciñanza
mércores, 1 de xullo do 2020
O
Concello de Brión
organiza tres obradoiros gratuÃtos de informática para a cidadanÃa,
que se van desenvolver ao longo dos próximos meses en canto se xunte
un grupo mÃnimo de 3 persoas interesadas. Trátase de pequenos
obradoiros (con formatos seguros para garantir a seguridade fronte a
COVID) co fin de aprender o manexo de tecnoloxÃas moi concretas como
son a videochamada, a sede electrónica e o correo electrónico.
Ademais
da cota gratuÃta, o Concello de Brión ofrecerá tamén
flexibilidade horaria, con sesións tanto de mañá como de tarde. As
inscricións poden realizarse na aula CeMIT de Brión, chamando ao
981 50 99 08 ou enviando un correo a cemit.brion@outlook.com. A
admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia as
persoas empadroadas en Brión.
O
obradoiro de videochamada terá unha duración de 4 horas, nas que o
alumnado aprenderá a xestionar videochamadas a través das
aplicacións máis coñecidas: Zoom, Skype, Messenger... Tamén terá
unha duración de 4 horas o obradoiro de manexo da sede electrónica,
dende como obter certificados dixitais con Chave 365 ou Clave PIN,
ata trámites que se poden facer na rede coas distintas
administracións e organismos.
Finalmente,
o obradoiro de correo electrónico será o de máis longa duración,
6 horas, e nel o alumnado aprenderá a crear e xestionar o correo,
administrar os contactos e trasladalo aos seus dispositivos móbiles.