O IES Chan do Monte de MarÃn estrea acceso á Rede de 40 Mbps
martes, 19 de novembro do 2013
O Instituto de
Ensino Secundario Chan do Monte de MarÃn conta desde hoxe con conexión
a Internet de 40 Mbps de velocidade. Con este centro a provincia de
Pontevedra conta xa con 55 dos 217 centros educativos aos que xa se lles
facilitou o acceso a esta tecnoloxÃa no último ano, grazas ao Plan de Banda
Larga da Xunta, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia.
A mellora da conectividade no IES Chan do Monte de MarÃn,
que estaba prevista nas actuacións do Plan, tivo que aprazarse en varias
ocasións, xa os espazos nos que o operador de telecomunicacións tivo que
realizar as obras para a canalización da fibra óptica requiriron informes de
diferentes departamentos municipais e autonómicos para a súa aprobación.
No centro cursan estudos máis de 600 alumnos, entre eles
alumnos de varios ciclos superiores da familia de informática. O centro dispón
de mais de 230 ordenadores.
A implantación de redes de altas prestacións permite ao
alumnado ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos; conectarse
simultaneamente un maior número de usuarios e o funcionamento de máis
aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.
A mellora da conectividade dos centros educativos é posible
grazas á posta en marcha pola Xunta do Plan de Banda Larga de Galicia, que
contempla entre as súas actuacións, e en colaboración co operador R, a
extensión destas redes de nova xeración (NGA) coas velocidades máis punteiras.
