O Mario Kart para móbiles inicia as súas probas
xoves, 23 de maio do 2019
Levamos
un tempo agardando polo Mario Kart Tour,
xogo de carreiras de Mario para móbiles, que adiou
o seu lanzamento ata o verán, pero os usuarios de Android no Xapón e en
EE.UU. poden xa gozar da súa versión de proba, de xeito que xa podemos facernos
unha idea do que achegará este tÃtulo
free-to-play cargado de
micropagamentos e elementos na liña das caixas
de botÃn, que para moitos son o máis detestable dos xogos móbiles actuais.
Os contidos deste xogo móbil están baseados nos dos videoxogos de consola, de
xeito que temos aos seus personaxes e tamén os seus circuÃtos. Por exemplo, o
circuÃto do titorial, chamado Toad Cup,
trátase do Choco Island 2 do Mario Kart de Super Nintendo; o Toad Circuit está sacado do xogo para
Nintendo 3D; e Dino Dino Jungle vén a
ser o Double Dash do xogo para GameCube.
Iso si, comentan que os circuÃtos manteñen a aparencia, pero son un pouco máis
curtos.
Para ir desbloqueando circuÃtos haberá que conseguir estrelas completando
carreiras e desafÃos, pero chega un momento no que haberá que pasar por caixa
para poder gozar dunha experiencia completa, como é habitual neste tipo de
xogos, aÃnda que cómpre salientar que esta fase de probas é precisamente a que
serve aos desenvolvedores para equilibrar o funcionamento dos micropagamentos,
que é o elemento chave para facer que este tÃtulo que captará a atención de
millóns de xogadores de todo o mundo sexa un éxito comercial ou non.
AÃnda que a beta limÃtase a Android, o xogo final tamén contará con versión
para iOS.
