O Plan de Banda Larga achegará o acceso á Rede a 3 parroquias do Concello de Curtis

mércores, 3 de abril do 2013 Redacción

Actualmente 45 veciños das parroquias de Santa Eulalia e Santa María no Concello de Curtis carecen de acceso á Internet, e para solucionar a situación asínase un convenio entre a Xunta e o Concello que beneficiará aos habitantes dos núcleos de Gulpilleira, Maques de Abaixo e Porto.
O Concello porá a disposición da Xunta os terreos nos que está situada unha torre de telecomunicacións que empregarase para dar servizo de acceso á Internet, mentres que a AMTEGA poderá contar cunha infraestrutura que empregará o operador público Retegal no marco do Plan de Banda Larga que buscan achegar a Rede a todos os galegos.
Ata o momento o Plan de Banda Larga facilitou que a cobertura de acceso á Internet chegase ao 87% dos veciños do Concello de Curtis, cando antes desta iniciativa da AMTEGA só chegaba ao 22% da poboación, e coas actuacións previstas contan chegar ao 97% dos habitantes (cubrindo ao resto mediante tecnoloxía satelital).

Cadro comparativo de cobertura de acceso á Internet no Concello de Curtis