O Plan de Banda Larga achegou cobertura de Internet a 250.000 galegos
luns, 15 de novembro do 2010

- A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, durante a presentación do balance das actuacións do Plan de Banda Larga que está a desenvolver o seu departamento
Antes de que remate o ano en torno a 250.000
galegos que carecÃan de cobertura terán a posibilidade de acceder á Internet de
calidade grazas ao Plan
Banda Larga de Galicia 2010-2013, reducindo nun terzo a poboación da Comunidade
que non dispoñÃan de acceso á Rede. A dÃa de hoxe, e tras á posta
en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan son xa máis de
150.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan
acceso a ese servizo.
Ademais, no presente ano conseguirase garantir a cobertura de Internet de calidade a máis da metade dos parques empresariais e polÃgonos
industriais con carencias de cobertura asà como, posibilitar o acceso de
calidade a Internet á maior parte dos servizos públicos sen banda larga. O
despregamento de redes do Plan é clave para proporcionar as infraestruturas que
permitirán avanzar na administración electrónica e en proxectos innovadores en
ámbitos como a sanidade, a educación e a xustiza.
AsÃ
o explicou esta mañá a secretaria xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, Mar Pereira, durante a presentación do balance das actuacións do
Plan de Banda Larga que está a desenvolver o seu departamento.
Mar
Pereira indicou que o Plan contempla cinco actuacións das que xa se puxeron en
marcha catro: a implantación de redes fixas, sen fÃos, de nova xeración (con
velocidades de 100Mbsp), e a potenciación do operador público Retegal que está
a poñer a disposición dos resto dos operadores a súa infraestrutura favorecendo
a competencia.
Para
levar a cabo as actuacións en marcha ata a data, a Xunta de Galicia está a
investir 70 millóns de euros cos que está a mobilizar un orzamento total de 200
millóns de euros entre capital público e privado.
O despregamento
de redes sen fÃos comezou polas zonas con máis dificultades de acceso, núcleos
rurais do sur da provincia de Lugo e a súa contorna. Para iso, a Xunta concedeu
o pasado mes de setembro unha orde de subvención ao operador Iberbanda por
valor de 600.000 euros que xerará un investimento total de case 2 millóns de
euros.
A
Xunta de Galicia concedeu o pasado mes de setembro unha orde de subvención de case 6 millóns de euros a Telefónica para o
despregamento de redes fixas de alta velocidade que garantan a capacidade de
acceso a Internet de banda larga nos núcleos sen cobertura con maior demanda de
servizo.
Con
esta actuación que xerará un investimento total de preto de 29 millóns,
Telefónica posibilitará antes do remate do ano 2010 que 36.750 persoas dun
total de 151 núcleos, que ata agora non contaban con cobertura dispoñan da
posibilidade de acceso a un servizo de banda larga de calidade cunha velocidade
mÃnima de 6 Mbps.
Redes de nova xeración
Outro
dos obxectivos do Plan é incentivar o desenvolvemento das redes máis punteiras
con velocidades de 100Mbps. A Xunta de Galicia concedeu o pasado mes de
setembro unha orde de subvención ao operador R Cable e Telecomunicacións de
Galicia S.A por valor de 28 millóns de euros para o despregamento de redes de nova xeración nos
núcleos de máis de 500 habitantes que, dispoñendo de cobertura de banda larga,
presenten unha alta demanda de servizo, excluÃndo os principais núcleos de poboación
das sete grandes cidades.
Deste
xeito, con esta achega que conseguirá un investimento global de case 130
millóns o operador R posibilitará o acceso a redes de nova xeración, e por
tanto, con velocidade de 100Mbps, a case 52.000 habitantes de 26 núcleos de
poboación. A dÃa de hoxe, grazas aos avances nos despregamentos previstos para
o ano 2010 xa contan con acceso case 25.000 habitantes.
