O Plan de Banda Larga da Xunta quintuplicou a cobertura de acceso á Rede en San Cristovo de Cea
martes, 26 de febreiro do 2013
A aula móbil de Movistar que percorrer a xeografía galega
para divulgar as vantaxes do Plan de Banda Larga chegou hoxe ao concello
ourensán de San Cristovo de Cea, acollendo a visita do delegado territorial da
Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, quen foi acompañado polo alcalde da vila,
José Luís Valladares, e destacou a importancia de informar “a pé de rúa” ao cidadán dos avances na súa localidade, que no caso
de San Cristovo de Cea foron significativos, pasando de 554 veciños con servizo
de Internet antes do Plan ata 2.233 na actualidade, ou sexa, que nun par de
anos multiplicouse
por cinco a poboación con cobertura da Rede. É de agardar que o ano remate
cunha cobertura practicamente absoluta da Rede no concello de San Cristovo de
Cea, posto que as actuacións realizada ata o momento complementaranse coa adopción
de accesos vía satélite.
No que respecta á comarca do Carballiño, actualmente hai 29.194 persoas con
acceso á Rede, de xeito que grazas ao Plan pasouse dun 59,33% de cobertura a
superar o 98% (cubríndose o resto vía satélite).

- Rogelio Martínez visitou o Roadshow Movistar Galicia durante o seu paso por San Cristovo de Cea
