O Real Automóbil Club presenta o seu operador de telefonÃa
martes, 24 de marzo do 2009
O Real Automóbil Club de España vén de comezar a súa andaina no eido da telefonÃa co seu operador RACC Móbil. A entidade, integrada arestora por máis de 1.100.000 socios, busca tirar partido do seu amplo potencial en cuestións de espallamento (tendo en conta a cifra de inscritos, practicamente hai un como mÃnimo en cada localidade) para lanzar cara a diante unha maridaxe que ten moito que achegar en materia de seguridade viaria, asesoramento, asistencia ou confortabilidade: a maridaxe entre o sector automobilÃstico e tecnoloxÃa dixital-móbil. Para este fin, o RACC vén de desenvolver un modelo premium con tarifas que a xuÃzo da entidade son máis competitivas cás dos grandes operadores: Movistar, Vodafone e Orange. O servizo, que conta co soporte da plataforma de Euskaltel en labores de subministro de infraestrutura e ferramentas, inclúe servizos de tráfico (por exemplo localización con GPS para a asistencia urxente do vehÃculo), xestión, enabler de rede e sistemas.
Dito doutro xeito: a idea era poñer no mercado unha solución especÃfica de abondo para os usuarios de telefonÃa que amais diso son condutores. Por certo que para desenvolver estes servizos, o RACC ten previsto investir en tres anos 7,9 millóns de euros e xestionar os servizos de 100.000 liñas, cun prognóstico de ingresos de 94,5 millóns.
Segundo informou estes dÃas a entidade con motivo da posta en longo desta nova estratexia de negocio, esta ten unha serie de particularidades que a distingue das restantes do mercado: unha oferta competitiva no que as prezos se refire (descontos de ata o 20%), unha sinxeleza no catálogo e nas tarifas, un maior fincapé na atención post venda e, como dixemos, unha meirande orientación cara as necesidades básicas dos condutores. A maiores e máis especificamente, incorpora servizo de asistencia ao móbil exclusivo e gratuÃto, xestión da reparación do terminal en caso de avarÃa, móbil de substitución durante o proceso de arranxo, envÃo de balde dos trebellos ao enderezo elixido polo cliente, subvención de terminais ou prevención do uso fraudulento.
Estas son as bazas do RACC de cara a esta nova etapa comercial:
· Rede de vendas propia e multicanle integrada por 215 oficinas.
· Servizo de atención de chamadas propio.
· Experiencia en solucións de emerxencia e post venda.
· Unha cifra de socios que como dixemos anda a rentes dos 1.100.000 socios.
