O Rexistro de Demandantes de Banda Larga recibiu máis de 760 solicitudes dende 2011
luns, 3 de decembro do 2012
O Rexistro de Demandantes ReDe
permitiu atender un
total de 765 solicitudes de cobertura de Internet do Plan de Banda Larga da
Xunta dende a súa posta en marcha pola AMTEGA en xaneiro de 2011 e que
permite aos cidadáns consultar a situación do Plan de Banda Larga no seu núcleo
de poboación e rexistrar a súa demanda de servizo en caso de carecer de
cobertura. Este servizo web recibe unha media de 380 visitas diarias.
ReDe é unha ferramenta de consulta sinxela e de fácil
manexo, que permite ao usuario interesado en coñecer os avances do Plan na súa
zona seleccionando a súa provincia, concello, parroquia e núcleo. Unha vez
seleccionado o núcleo o usuario visualiza un mapa no que se indica a situación
actual de cobertura na zona que está a proporcionar o Plan de Banda Larga e cal
dos operadores é o responsable do despregamento. No caso de que as actuacións
do Plan, que se prolongarán ata finais de 2013, no chegaran á zona se informa
de cando se porán en marcha.
Aquelas persoas sen acceso á Internet poden cubrir un formulario cos seus datos
quedando rexistrada a súa demanda. Esta información permite ademais realizar un
seguimento do plan e contribúe á planificación das actuacións previstas.
