O acceso á Internet de até 350 Mbps chega a Monterroso
mércores, 5 de decembro do 2018
O municipio de Monterroso (Lugo) por fin dispón de accesos
ultrarrápidos á Internet e pode gozar doutros servizos avanzados de
telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración do o operador R, que vén de
rematar alí parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que
aproveitaron ao máximo as infraestruturas municipais da localidade.
Arredor de 300 fogares e empresas deste concello lugués quedaron xa preparados
para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de até 350 Mbps simétricos
e televisión dixital multicanle de R e serán preto de 1.400 residencias
particulares e negocios os que se poidan conectar á rede do operador galego
cando se completen todos os traballos en Monterroso.
Este e outros
despregamentos na provincia de Lugo e Ourense forman parte dun dos proxectos do
Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R foi
adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas zonas brancas, é dicir, as que nunca
dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.
Xunto co das
provincias de Lugo e Ourense, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación
doutros dous proxectos; un, para a provincia de Pontevedra e outro para a da
Coruña. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8
millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión
Europea, a través do Programa de
Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do
Ministerio de Economía e Empresa. Nas provincias de Lugo e Ourense o
investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden
dos fondos europeos. servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e
empresas
Cando se completen
os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000
fogares e empresas destas zonas brancas
formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en
disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia.