O capital risco en empresas tecnolóxicas a debate na Coruña

luns, 23 de xuño do 2025 Marcus Fernández

O vindeiro xoves ás 18:00 as instalacións de Human Intelligence Hub na Coruña acollen unha nova edición das Jueves Tech que tratará sobre o Capital risco en compañías tecnolóxicas.
Esta actividade que explorará as posibilidades de financiamento en empresas tecnolóxicas e servirá para comprender mellor as diferencias entre os fondos Private Equitity e Venture Capital desenvolverase en formato de faladoiro no que participarán Juanja Cambeses (con 20 anos de experiencia en capital risco e asesoramento en funsións e adquisicións en compañías como Deloitte, Baring ou Moire, e actualmente investidor en capital risco) e Jaime Novoa (xornalista reconvertido en investidor, actualmente en Kfund).