O catálogo de Xbox Game Pass incluirá novidades
martes, 23 de xaneiro do 2018
O Xbox
Game Pass é un servizo de subscrición para Xbox One que permite a
subscrición por 9,99 euros/mes a un completo catálogo de máis dun cento de
xogos no que poderiamos considerar un Netflix dos videoxogos, e aÃnda que normalmente
os tÃtulos incluÃdos dentro desta subscrición son de fondo de catálogo, iso vai mudar, xa que a priori todos os
lanzamentos exclusivos para Xbox One de Microsoft Studios pasarán a estar tamén
dispoñible en Xbox Game Pass, comezando por Sea of Thieves, xogo que verá a luz o 20 de marzo.
Aparte do mencionado xogo, tamén entrarán no servizo de subscrición State of Decay 2 e Crackdown 3, asà como outros tÃtulos de Microsoft Studios por
anunciar e, como non, as futuras edicións das franquÃas Halo, Forza e Gears of War. Estas incorporacións serán
no propio dÃa de lanzamento oficial dos xogos, o que fai que para moitos
seareiros da consola de Microsoft este servizo sexa moi rendible
economicamente.
Cómpre lembrar que, aÃnda que o catálogo de xogos de Xbox Game Pass é rotativo
(como tamén acontece nas plataformas de vÃdeo baixo demanda, nas que a oferta
dispoñible vai renovándose pouco a pouco), tamén inclúe importantes rebaixas na
compra dos xogos no seu catálogo, porque se algún xogador quere incorporalos
para sempre á súa colección.
