O iPhone lidera o mercado dos smartphones en EE.UU.
mércores, 5 de setembro do 2007
Un estudo realizado por iSuppli confirmou as previsión
de Apple de que venderá 4,5 millóns de terminais iPhone este ano (podendo
chegar ós 30 millóns en 2011) de xeito que liderarÃa
o mercado dos teléfonos intelixentes.
No mes de xullo en EE.UU. Apple rexistrou o 1,8% do total de entregas de móbiles,
de xeito superarÃan á suma de vendas de Blackberry de RIM, da serie completa de
Palm e de calquera modelo individual de Motorola, Nokia ou Samsung, podendo
compararse á boa comercialización do LG Chocolate (un dos teléfonos máis
populares).
iSuppli tamén destacou que a terceira parte dos compradores dun iPhone tiveron
que migrar a AT&T (empresa que ten a exclusiva do móbil de Apple), e
agárdase que nos vindeiros meses a progresión nas vendas do iPhone se
desenvolvan dun xeito sen precedentes para un teléfono deste tipo.
ACTUALIZACIÓN: iSuppli confirmou que o iPhone non superou en vendas ós Blackberry.
