O iPhone trunfa en Francia e poderÃa chegar a España a finais de 2008
venres, 7 de decembro do 2007

- César Alierta amosando un iPhone
O iPhone leva poucos dÃas en Europa, e parece que a súa comercialización
está a ser todo un éxito, e dende
a filial de Telefónica O2 aseguran estar moi satisfeitos co móbil de
Apple e o propio presidente de Telefónica, César Alierta, quen nos
distintos encontros coa prensa se resiste a confirmar a comercialización do móbil
por Telefónica en España, aÃnda que todo indica que a boa relación da súa
compañÃa con Apple no Reino Unido fará posible que Movistar venda o iPhone en
exclusiva en España.
Os rumores apuntaban ata o momento de que o iPhone con conectividade 3G chegarÃa
a España da man de Telefónica en maio de 2008, pero as últimas informacións
indican que o
lanzamento do terminal poderÃa demorarse ata finais do vindeiro ano, agardándose
que o seu prezo de venda non supere os 399 euros e inclúa un compromiso de
permanencia de 18 meses.
Éxito francés do iPhone
O pasado mércores France Telecom anunciou que durante
os primeiros 5 dÃas venderon preto de 30.000 terminais iPhone dos que un
48% foron a parar a novos clientes, o que confirma que o atractivo do móbil de
Apple é un bo cebo para captar usuarios doutras operadoras. Esta cantidade de
terminais pode parecer reducida comparada coas cantidades que se venderon
inicialmente nos EE.UU., pero o certo é que posiblemente estean a vender o máximo
de unidades posibles, xa que nas primeiras 21 horas xa se esgotaran os iPhone no
17% das tendas de Orange, e se rexistraron grandes colas nas principais tendas
da operadora.
Parece que o percorrido europeo do móbil de Apple aÃnda será longo e produtivo
tanto para a empresa de Steve Jobs como para as operadoras que distribúan o
terminal en exclusiva.
