O móbil encartable Honor Magic V Flip sorprende pola súa grande pantalla externa
venres, 14 de xuño do 2024
AÃnda que os smartphones encartables non conseguiron converterse no fenómeno que pretendÃan, os fabricantes non os abandonan, e seguen a progresar facéndose cada vez máis atractivos, destacando o novo Honor Magic V Flip pola súa pantalla externa OLED de 4 polgadas que ocupa case a totalidade da súa superficie cando o terminal está pechado (ten un marco de só 2,87 milÃmetros). Este novo smartphone tamén destaca por presentar un grosor de só 7,15 milÃmetros cando está aberto (14,89 milÃmetros pechado), resultando bastante elegante e cómodo na man.
O Honor Magic V Flip funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8+ Gen 1, 12/16 GB de RAM, 256 GB/512 GB/1 TB de almacenamento, pantalla externa OLED Full HD+ de 6,8 polgadas, cámara traseira dual cun sensor principal de 50 MpÃxeles e un grande angular de 12 MpÃxeles, cámara frontal de 50 MpÃxeles, lector de impresións dixitais lateral e baterÃa de 4.800 mAh con carga rápida de 66 watts, polo que estariamos ante un móbil que poderÃa parecer un alta gama de hai un par de anos, o que pode resultar bastante satisfactorio para quen busca un móbil neste formato e non quere realizar un grande investimento económico, xa que este dispositivo ten un prezo moi contido: parte de 4.999 iuans (644 euros) para a versión con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento e chega até os 6999 iuans (902 euros) para a versión con 16 GB de RAM e 1 TB de almacenamento.
- A grande pantalla externa do Honor Magic V Flip resulta práctica para a usar a cámara traseira para autorretratos de calidade