Samsung lanza en Corea unha tarxeta bancaria que pode localizarse co móbil
xoves, 27 de xuño do 2024
Samsung sorprendeu presentando en Corea do Sur unha tarxeta bancaria que integra Bluetooth de baixa enerxÃa, de xeito que pode localizarse co móbil mediante a tecnoloxÃa SmartThings Find en caso de perda (como acontece con moitos outros produtos electrónicos).
Esta tecnoloxÃa tamén funciona á inversa, ou sexa, que pode configurarse a tarxeta bancaria para que, premendo un botón inferior integrado poida activarse a función de busca do noso smartphone.
A tarxeta tamén conta con funcións básicas, como activar unha notificación no móbil no caso de detectarse que a tarxeta se afastou demasiado do smartphone ao que está ligada (o que pode evitar despois e roubos).
Este curioso dispositivo é compatible con cargadores sen fÃos, conta cunha autonomÃa de até 30 dÃas cunha única carga, e dende hoxe mesmo pode solicitarse en Corea.
Dado que este tipo de produtos chegan ao mercado a través de colaboracións con entidades bancarias resulta difÃcil saber se chegará a ver a luz fóra de Corea do Sur, sendo tamén unha incógnita se realmente hai demanda dun produto asÃ, cando o máis frecuente actualmente é integrar as tarxetas bancarias no propio smartphone.