O mundo de The Witcher IV emprégase para demostrar o potencial do Unreal Engine 5.6
martes, 3 de xuño do 2025
O evento anual State of Unreal organizado por Epic Games conseguiu captar todas as miradas da industria dos videoxogos cunha espectacular demo técnica ambientada no universo de The Witcher IV, desenvolvida en colaboración con CD Projekt Red, que serve de escaparate para as novas funcionalidades do Unreal Engine 5.6, que dende hoxe mesmo está dispoñible para a súa descarga.
A presentación arrancou cunha secuencia protagonizada por Ciri, a cazadora de monstros da saga, que percorre unha rexión ata agora inédita, Kovir, avanzando por un paso montañoso cuberto de neve ata chegar ao porto de Valdrest, un mercado cheo de vida e de detalles visuais impresionantes. AÃnda que as escenas non pertencen directamente ao xogo final, serven como proba de concepto das capacidades técnicas da nova entrega da franquÃa.
Executada nunha PlayStation 5 a 60 fotogramas por segundo con trazado de raios activado, a demo explota varias das novas funcións de Unreal Engine 5.6, como o Fast Geometry Streaming Plugin, un sistema que permite cargar mundos abertos de forma moito máis rápida. Outro dos puntos destacados foi a xestión de escenas complexas e cheas de elementos, como a do mercado de Valdrest, grazas a ferramentas como o ML Deformer para animacións de alta fidelidade.
Un dos avances máis celebrados foi o sistema Nanite Foliage, que permite representar cada folla e rama como xeometrÃa 3D real, no canto de texturas planas, ofrecendo asà un nivel de densidade e detalle sen precedentes na vexetación dos mundos virtuais. Esta función está prevista para a versión 5.7 do motor, cuxa data de lanzamento aÃnda non se anunciou.
Desde que se presentou Unreal Engine 5 hai tres anos, CD Projekt Red comprometeuse a traballar con Epic para potenciar a creación de mundos abertos a gran escala. A demo técnica amosa o froito desa colaboración e adianta o que os xogadores poderán esperar cando The Witcher IV chegue finalmente ao mercado, o que poderÃa acontecer a partir de 2027.
Demo técnica realizada durante o State of Unreal
