O parque empresarial de Lourenzá xa conta con cobertura de banda larga
luns, 20 de decembro do 2010
O
parque empresarial de Lourenzá, no Concello de Lourenzá, xa dispón da
posibilidade de acceso ao servizo de banda larga grazas ao Plan levado a
cabo pola Xunta de Galicia a través da SecretarÃa Xeral de Modernización. Esta
actuación facilitará o acceso á Internet a máis de 80.000 persoas de 398
núcleos de poboación asà como á meirande parte dos servizos públicos sen banda
larga e aos parques empresariais e polÃgonos industriais con carencias de
cobertura.
Para levar a cabo esta acción, a Xunta de Galicia concedeu unha axuda para
a extensión de redes fixas ao operador Telefónica por un importe de case 6
millóns de euros cos que consigue mobilizar un orzamento total de case 35
millóns de euros entre capital público e privado.
A solución ofertada por Telefónica no parque empresarial de Lourenzá
emprega redes fixas de alta capacidade prestando un servizo mÃnimo de 6 Mbps de
velocidade de baixada e 640 Kbps de subida.
Ademais, antes da fin de 2010 establecerase a velocidade de 10 Mbps de
baixada como oferta de referencia sen variacións nas tarifas, desenvolvendo
unha oferta a prezo máis reducido en caso de que non sexa posible ofertar os
10Mbps.
