O polÃgono industrial de Arzúa terá acceso á Rede a ata 350 Mbps
venres, 9 de xuño do 2017
O Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia e o operador
galego R facilitarán
este ano o acceso a Internet con velocidades de ata 350 Mbps ao polÃgono
empresarial de Arzúa, segundo puxo de manifesto o delegado territorial da
Xunta na Coruña na visita que realizou á sede da asociación de empresarios
deste parque. En 2016 completouse o despregamento en seis polÃgonos da
provincia da Coruña. En 2017 cubriranse outros dez e en 2018 os nove restantes
previstos no Plan.
Con esta actuación, as empresas da superficie empresarial de
Arzúa poderán contratar servizos de internet a través de fibra óptica cunhas
velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantÃa de
caudal do 80% sen lÃmite de descargas.
Ademais, R pon a disposición das empresas do polÃgono a
tecnoloxÃa necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital.
Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a
posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só
polo uso que deles fan, sen necesidade de investir.
Na
súa visita a Arzúa, o delegado territorial tamén informou
que neste municipio a ConsellerÃa de Medio Rural financiou o ano pasado con
algo máis de 105.000 euros obras de mellora en nove pistas e camiños rurais do
concello, que afectaron a preto de cinco quilómetros de vÃas de titularidade
municipal. Os camiños arranxados foron: Pista do Viso a Tras Igrexa; Pista en
Cortobe; Pista do Piqué a Ponte Lema; Pista en Lema e Pista en Dodro.
O Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a
explotacións agrarias inxectou nos concellos da provincia un importante impulso
para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal
que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha
explotación agraria. Os criterios para o reparto foron acordados entre a AGADER
e a FEGAMP.
Por último, Rodeiro Tato quixo destacar a forte puxanza do sector primario en
Arzúa, xa que esta concello foi un dos máis beneficiados polas axudas da
ConsellerÃa do Medio Rural á incorporación de mozos e mozas e á modernización
das explotacións agrarias. A Xunta de Galicia apoiou en Arzúa sete proxectos de
modernización en empresas agrarias e nove novas incorporacións de menores de 30
anos, cunha axuda conxunta de 630.000 euros.
Os beneficiarios destas dúas liñas de axudas ao agro son
explotacións agrarias e gandeiras que, por unha banda, reciben subvencións de
máis de 60.000 euros de media para financiar os investimentos materiais e
inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global da explotación, como
a compra de nova maquinaria, plantación e mellora de cultivos, a posta en
marcha de novas instalacións ou terreos e adquisición ou desenvolvemento de
programas informáticos.
No total provincial, a Xunta de Galicia apoiou en 2016 a un
total de 300 explotacións agrarias da provincia da Coruña para modernizar as
súas producións a través de plans de mellora e para incorporacións dos mozos á
actividade agraria, achegando axudas de preto de 15,6 millóns de euros. Por
outra banda, tamén se incorporaron ao agro 164 novos mozos e mozas, cunha axuda
media de 40.000 euros.
