O programa de actividades de ExpOtaku recolle numerosos torneos de videoxogos

venres, 11 de maio do 2018 Marcus Fernández

Entre os días 25 e 27 de maio o recinto de EXPOCoruña acollerá unha vez máis unha edición de ExpOtaku, encontro sobre o manga, o anime, o cosplay e outras mostras culturais e de lecer un tanto alternativas ás que tamén se suman os videoxogos. A organización confirmou que contarán con 75 postos completos con pantallas de 40 polgadas, consolas das dúas últimas xeracións, emuladores retro, Nintendo Switch, PlayStation VR e incluso recreativas xaponesas dos anos 80 e 90, tamén adiantaron o programa de actividades para os 3 días do evento, no que os videoxogos teñen unha grande presenza.

Temos así que o venres 25 haberá toda unha serie de torneos de videoxogos:
12:00 – Torneo de Blazing Star (Nintendo Switch) (Legión Gamer)
13:00 – Torneo de Ninja Masters (PS4) (Legión Gamer)
14:00 – Torneo de Last Blade 2 (PS4) (Legión Gamer)
15:00 – Torneo de Beekyr Reloaded / Vortex Attack (PC) (Legión Gamer)
16:00 – Torneo de Call of Duty World War 2 (Xbox One)
16:00 – Torneo de Blazblue Central Fiction (PS4) (Legión Gamer)
17:00 – Torneo de The King of Fighters 97 Global Match (PS4) (Legión Gamer)
18:00 – Torneo de WWE 18 (PS4)
18:00 – Torneo de The King of Fighters XIV (PS4) (Legión Gamer)
19:00 – Torneo de Nidhogg (PC) (Legión Gamer)
Durante todo o día haberá xogo libre de League of Legends e Counter Strike 1.6 (LolCon).

O sábado 26, os torneos de videoxogos serán os seguintes:
11:00 – Torneo de Rivals of Aether (PC) (Legión Gamer)
12:00 – Torneo de Mario Kart 8 Deluxe (Nintendo Switch)
12:00 – Torneo de Pokémon OverUsed (Asociación Freak)
13:00 – Torneo de Windjammers (PC) (Legión Gamer)
15:00 – Torneo de FIFA 18 (PS4) (Legión Gamer)
16:00 – Torneo de Super Smash Bros (Wii U)
16:00 – Torneo de Guilty Gear Xrd Rev 2 (PS4) (Legión Gamer)
17:00 – Torneo de Touhou 15.5 Antinomy of Common Flowers (PC) (Legión Gamer)
18:00 – Torneo de Injustice 2 (PS4) (Legión Gamer)
19:00 – Torneo de Fatal Fury Real Bout 2 (PS4) (Legión Gamer)
Ás 11:00 horas desenvolverase o Torneo de League of Legends 5vs5 (LolCon).
Ás 12:00 horas terá lugar un encontro cos seareiros do youtubeiro Kalathras; e Álex Méndez, ás 16:00 horas dará unha charla titulada Metal Gear. Historia e Legado de Hideo Kojima.

O domingo 27 tamén hai numerosos torneos:
11:00 – Torneo de Twinkle Stars Sprites (PS4) (Legión Gamer)
12:00 – Torneo de Street Fighter II (Super NES Mini)
13:00 – Torneo de Tekken 7 (PS4) (Legión Gamer)
14:00 – Torneo de Pokemon Ultrasol/Ultraluna (N3DS) Normas: VGC2018 (Legión Gamer)
15:00 – Torneo de Naruto Ultimate Ninja Storm 4 – Road to Boruto (PS4)
15:00 – Torneo de Hyper Dragon Ball Z (PC) (Legión Gamer)
16:00 – Torneo de Dragon Ball FighterZ (PS4) (Legión Gamer)
17:00 – Torneo de Ultra Street Fighter II (Nintendo Switch) (Legión Gamer)
18:00 – Torneo de Street Fighter V (PS4) (Legión Gamer)
19:00 – Torneo de Divekick (PC) (Legión Gamer)
Ás 11:00 horas terán lugar as semifinais e a final do Torneo de League of Legends 5vs5 (LolCon).
Ese mesmo día tamén haberá ás 13:00 horas unha charla sobre os videoxogos e a violencia xuvenil a cargo de Rangu Gamer.

Lembramos que para acudir a ExpOtaku podemos adquirir as entradas no despacho de billetes de EXPOCoruña os propios días do evento, ou de xeito anticipado en CeX Vigo e en Kikomic (A Coruña).

PUBLICIDADE