O sobrecusto polo roaming na U.E. poderÃa rematar o ano que vén
mércores, 19 de marzo do 2014
A Comisión de Industria da Eurocámara aprobou onte o paquete lexislativo para
prohibir o recargo tarifario polo uso do móbil en itinerancia (roaming) dentro da Unión Europea, tanto
para chamadas e mensaxes de texto como para o uso de datos en mobilidade, fixando
como data para rematar con esta práctica o 15 de decembro de 2015. Dentro do
paquete de medidas tamén figurarÃa que os operadores de telecomunicacións non
poderán bloquear ou ralentizar servizos como Skype ou WhatsApp.
As compañÃas de telecomunicacións téñense manifestado en contra deste tipo de
medidas, por considerar que minguan considerablemente os seus ingresos, coa
consecuente redución de investimento nas súas infraestruturas, aÃnda que dende
a Comisión Europea consideran que estamos ante un concepto artificial que non
responde a unha realidade técnica e supón un importante prexuÃzo para os
cidadáns europeos ao moverse polo territorio da Unión.
Este paquete lexislativo votarase os dÃas 2 e 3 de abril, a poucas semanas da
renovación do Parlamento Europeo, polo que estas normas aÃnda poderÃan mudar
nos vindeiros meses.
