ONO lanza a banda larga máis rápida do mercado español

luns, 27 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O atraso da banda larga en España é notable e así, aínda que nas publicidades das operadoras é habitual ler que achegan conexións de ata 20 Mbps, o certo é que a media de velocidade destas conexións é de 1,1 Mbps, non cumpríndose habitualmente as velocidades prometidas. Pero estas discrepancias atenden normalmente ás conexións por ADSL, mentres que entre os usuarios de conexións de cable predominan velocidades máis moderadas (coma os 6 Mbps do Combo 3 da galega R) pero realistas, sorprendendo o paso que vén de dar a cableira ONO, que anunciou o lanzamento dunha conexión de 25 Mbps (con 1 Mbps de subida) que promete ser real.
As novas velocidades de ONO serán de 25 Mbps/1 Mbps (baixada/subida), 12 Mbps/500 Kbps e 6 Mbps/300 Kbps, polo que a empresa se comercializa así a banda larga máis rápida o mercado e que vén a superar como mínimo nun 50% á velocidade real de navegación proporcionada anteriormente.
A conexión a 25 Mbps con liña telefónica (e chamadas de balde a teléfonos fixos estatais) ten un prezo mensual de 75 euros + IVE, que sería de 81,5 euros + IVE no caso de querer engadirlle o servizo de televisión.