Ocean´s pon a proba perante un grupo de usuarios a súa rede converxente de última xeración: Nexus
xoves, 1 de agosto do 2013
A actividade da operadora
galega Ocean´s en materia de
novidades, lonxe de esmorecer, adquire cada semana novos repuntes.
Este xoves fontes da empresa engadiron interesantes detalles sobre a
presentación dun servizo/tecnoloxía que avanzamos os días pasados,
a
súa nova rede converxente de servizos de última xeración.
Segundo puidemos saber, Ocean´s está acompañar o vindeiro
lanzamento desta achega cunha exposición detallada dos seus efectos
en usuarios. Trátase dun equipo de dez persoas nun emprazamento
concreto onde tamén hai unha cámara e accesos á dita rede
converxente. Ao fío disto, Ocean´s grava as impresións dos
participantes sobre a tecnoloxía que teñen ao seu alcance. Estas
son algunhas das opinións: “É diferente (...) É virtual (...)
Só tes que conectarte a Internet (...) Non te tes que preocupar de
nada (...) É nova (...) É o seguinte paso das telecomunicacións
(...) É práctica (...) Ten de todo”.
Estas son as opinións
dunha mostra de público obxectivo ao que se convidou a coñecer
Nexus, a rede que presenta Ocean´s, que avanza que poderemos saber
máis detalles sobre as vantaxes da nova infraestrutura de seu o
vindeiro 2 de setembro, facéndonos participar a nós tamén (o resto
da comunidade potencialmente usuaria) das súas facilidades e
funcionalidades. Facilidades entre as que se inclúe o feito de
termos ao alcance da man a xestión das nosas comunicacións desde
calquera lugar. O único necesario é ter conexión a Internet,
sinala a compañía. E engade: “O feito de que o cliente non
estea en casa ou na oficina durante uns días non suporá ningún
problema para que xestione as súas comunicacións e ferramentas de
traballo; con Nexus será posible sempre e en calquera
lugar; desde o móbil, desde o computador de sobremesa ou portátil,
mesmo desde a tablet, o cliente terá absoluto control grazas á
administración remota das funcionalidades Nexus; terá
todas as ferramentas de xestión a un clic de distancia”.
Porén, a listaxe de
vantaxes que vai subministrar Nexus aínda é máis longa e completa.
Nas próximas semanas iremos descubrindo máis funcionalidades da
nova rede converxente de última xeración de Ocean´s, que basea
unha boa parte do seu potencial en unificar todos aqueles servizos
que ata agora funcionaban por separado.
