Orange dará consumo de balde todos os meses aos novos clientes de prepago
martes, 26 de agosto do 2008
Para conseguir captar clientes
de prepago a operadora de telefonÃa móbil Orange lanzou novos plans que premiarán
aos novos clientes con consumo de balde todos os meses. Para acollerse a estas
promocións haberá que adquirir unha nova tarxeta SIM por 15 euros (con 15 euros
de saldo) e se
poderá elixir entre 3 tipos de plans con ofertas diferentes: os
usuarios de Tarjeta hablo que recarguen
10 euros terán 300 minutos de balde a móbiles Orange entre as 19 e as 7 horas
de calquera dÃa da semana do mes seguinte pagando só o establecemento de
chamada (de recargarse máis de 20 euros os minutos de balde subirÃan a 1.000);
coa Tarjeta scribo se conseguen 1.000
SMS de balde ao mes sempre que se recargue un mÃnimo de 10 euros; e coa Tarjeta mundo por cada 10 euros de
recarga se recibirán 5 euros para uso exclusivo en chamadas internacionais (cun
máximo de 15 euros de balde ao mes).
Estas novas tarxetas
non teñen consumo mÃnimo mensual, pero non se poden aplicar nin a usuarios
actuais da operadora nin a portabilidades.

