Orange lanza a nova tarifa 4 horas+4 que compite coa de Vodafone para empresas

xoves, 19 de febreiro do 2009 Raquel Noya

A comezos deste mes de febreiro, Orange anunciaba unha subida das súas tarifas para autónomos e empresas que entraría en vigor a partir do vindeiro 1 de marzo e que influía tanto para os novos clientes como para os que xa tiñan contrato coa operadora.
Agora, incluso antes de que a modificación das tarifas comezara a aplicarse, Orange ataca de novo e desta volta anuncia que, tamén para marzo, lanzará a nova tarifa de autónomos/empresa 4 horas+4, destinada a facerlle fronte ao Plan 5 horas de Vodafone.
Trátase dun concepto similar ao actual 4 horas+ocio (que seguirá vixente) pero que inclúe unha cota mensual de 30 euros/liña, para chamar de balde a calquera destino ao longo de 8 horas diarias de luns a venres; estas poderán ser consecutivas ou repartidas en dúas franxas de 4 horas cada unha.
As chamadas durante as fins de semana, e as que non entren no consumo gratuíto, terán un custo de 12 céntimos por minuto (máis 15 céntimos polo establecemento da chamada) e deberán cubrir un consumo mínimo non compartido de 12 euros por liña, adicionais á cota mensual.
Na web Xataca.com, non tardaron nada en facerse eco da nova e no artigo inclúen, ademais da información detallada, “o mellor e o peor” desta nova tarifa anunciada por Orange, destacando a vantaxe de poder incluir a opción de contratar chamadas internas de balde e a desvantaxe de poñerlle límites tanto aos minutos como ao número de destinos distintos.