Orange merca República Móvil

xoves, 8 de novembro do 2018 Marcus Fernández

O Operador Móbil Virtual (OMV) República Móvil leva bastante tempo destacando polos seus prezos agresivos, o que valeulle unha carteira de 130.000 clientes dos seus servizos de voz e datos, facendo a compañía o suficientemente atractiva para que Orange España decidise adquirir o 100% das súas participacións, mantendo o funcionamento de República Móvil como un OMV.
Deste xeito, República Móvil, que xa ofrecía servizos a través da rede de Orange, manterá a súa actividade independente, ofrecendo servizos sinxelos de voz e datos móbiles sen compromiso de permanencia. República Móvil pasaría así a formar parte do catálogo de marcas de Orange xunto con Jazztel, Amena e Simyo, coincidindo con esta última na súa estratexia de captación de clientes que buscan prezos axustados.

JPEG - 95.7 KB
República Móvil centra a súa estratexia en ofrecer prezos moi axustados de voz e datos móbiles

PUBLICIDADE