Orange poderÃa mercar Simyo nos vindeiros dÃas
martes, 4 de decembro do 2012
Antes de rematar o ano France Télécom a través da súa marca Orange
ten previsto a adquisición por preto de 30 millóns de dólares do Operador Móbil
Virtual (OMV) de KPN, Simyo, o que parece ser un paso máis para facerse
tamén polo operador móbil de Telia Sonera, Yoigo, durante os primeiros meses de
2013, operacións que mellorarÃan considerablemente a súa posición no noso
mercado.
Dende ElEconomista aseguran que a
adquisición de Simyo por parte de Orange poderÃa materializarse a semana que
vén, mentres que os achegamentos a Yoigo realizarÃanse con máis calma (pois
outras compañÃas como Vodafone tamén poderÃan ter interese en facerse con este
operador). A compra de Simyo por parte de Orange serÃa a primeira grande
operación deste tipo en España dende hai uns 5 anos, cando Vodafone adquiriu
Tele 2 por 775 millóns de euros, xa que nos últimos tempos os operadores
optaron por consolidarse a través dos seus negocios locais en vez de absorber
aos seus rivais para facer o propio.
Actualmente Orange conta con 11,8 millóns de usuarios móbiles en España, e de
integrar os 400.000 de Simyo e os 3,7 millóns de Yoigo poderÃa achegarse
significativamente aos 16,3 millóns de Vodafone, avanzando no seu obxectivo de
converterse no segundo operador do paÃs.
