Os Insiders xa poden gozar en PC dos xogos que compraran para Xbox
martes, 15 de xullo do 2025
Microsoft acaba de anunciar unha importante novidade para os xogadores de PC: desde hoxe, os membros do programa Xbox Insider na versión preliminar de xogos de PC que estean subscritos a Game Pass Ultimate poden retransmitir na nube certos xogos de consola que posúan, mesmo se non forman parte do catálogo de Game Pass. Esta funcionalidade está dispoñible na aplicación de Xbox para PC en 28 paÃses, entre eles España.
Trátase dunha ampliación da función Transmite o teu propio xogo, lanzada hai uns meses para consolas Xbox Series X|S e Xbox One, Smart TV, Meta Quest e dispositivos con navegador como móbiles, tabletas ou PC. Agora, esa mesma opción chega á aplicación para PC, permitindo aos usuarios acceder aos seus xogos de consola directamente desde a nube, sen necesidade de descargalos nin instalalos previamente.
A vantaxe máis destacada desta mellora é que permite xogar a tÃtulos exclusivos de consola desde PC, algo que ata o de agora non era posible coa aplicación de Xbox. Abonda con entrar na sección de xogos na nube da aplicación, localizar o catálogo de xogos propios compatibles coa nube, escoller un tÃtulo compatible e comezar a xogar de inmediato. Actualmente hai máis de 250 xogos dispoñibles e seguiranse engadindo máis tÃtulos ao longo do tempo, incluÃndo exclusivos de consola e xogos compatibles co programa Xbox Play Anywhere.
