Os editores de Elige tu propia aventura denuncian a Netflix

venres, 11 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O episodio interactivo da serie Black Mirror está a converterse en todo un fenómeno, pero Bandersnatch tamén está a ser unha fonte de conflitos, incluso no ámbito xudicial, xa que Chooseco, empresa editora nos EE.UU. da serie de libros de Elige tu propia aventura demandou a Netflix por Black Mirror: Bandersnatch.
Aínda que o mero feito de que Netflix citase de xeito recorrente a marca Elige tu propia aventura á hora de propocionar Bandersnatch xa podería ser un problema, Chooseco vai máis aló ao desvelar levan dende comezos de 2016 en negociacións con Netflix para licenciar a marca, pero sen chegar a facerse cunha licenza, e incluso antes do lanzamento de Bandersnatch Chooseco xa remitira a Netflix un comunicado instándoos a deixar de usar a súa marca á hora de promocionar outras series de televisión.
Na demanda presentada Chooseco asegura que os espectadores están confundidos polas referencias á súa marca, o que está a prexudicar á súa reputación, xa que prodúcese unha asociación entre os libros xuvenís e unha ficción escura como Black Mirror.
Chooseco reclama un mínimo de 25 millóns de dólares en danos ou en función dos beneficios de Netflix (a cantidade que resulte maior), e haberá que ver como evoluciona a causa que, cando menos, está a pór de actualidade unha vella franquía que demostra ter potencial na actualidade, xa que está nun punto intermedio entre a literatura e os videoxogos, sendo a barreira entre estas narrativas moi difusa en certas producións.

PUBLICIDADE