Os lumes provocan problemas na rede móbil de Vodafone
martes, 19 de agosto do 2025
Esta mañá usuarios de Vodafone rexistraron problemas de conexión que afectaron tanto ao servizo móbil como, nalgúns casos, á conexión fixa. As primeiras incidencias detectáronse arredor das 9:00 e, segundo confirmou a operadora, quedaron xa solucionadas.
A compañÃa explicou que a orixe dos problemas estivo nun corte de fibra motivado polos incendios en zonas de Ourense e León, que deixou sen servizo durante menos dunha hora a varios puntos do territorio. As dificultades concentráronse sobre todo no acceso a Internet móbil, aÃnda que tamén houbo reportes de apagadas totais de conectividade.
Nun comunicado, a operadora destacou que incrementou recursos nas zonas afectadas polos lumes para garantir a continuidade dos servizos de telecomunicacións. «Vodafone traballa en coordinación coa Xunta de Galicia, a Xunta de Castela e León, a Unidade Militar de Emerxencias e outras administracións públicas para priorizar o restablecemento do servizo e asegurar cobertura nos campamentos base desde onde se coordinan as brigadas de extinción», sinalaron.
A compañÃa advertiu de que o principal problema está nas acometidas eléctricas queimadas, ás que resulta difÃcil acceder, e no risco que supón instalar grupos electróxenos en áreas afectadas polo lume. AÃnda asÃ, os traballos proseguirán ata acadar a normalidade.
Como medida adicional, Vodafone activou datos ilimitados sen custo nas liñas móbiles dos clientes que perderon as súas vivendas ou tiveron que ser desaloxados, e comprometeuse a repoñer os equipos necesarios tamén de forma gratuÃta.
