Os móbiles de prepagamento de Vodafone recibirán o dobre de datos durante 4 semanas

luns, 6 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Vodafone esta a recuperar a súa promoción de dobre de xigas, de xeito que ata o 31 de marzo permitirá que os usuarios que contraten tarifas Vodafone yu de prepagamento ou renoven a cota da súa tarifa recibirán o dobre de datos sen custo adicional e durante 4 semanas.
Deste xeito os usuarios con tarifa Yuser terán 20 minutos en chamadas (e chamadas de balde a usuarios de Vodafone yu) e 2 GB de datos por 10 euros, mentres que a tarifa Superyuser contará con 50 minutos de voz e 3 GB de datos por 15 euros e a Megayuser con 100 minutos de voz e 4 GB de datos.
Queda por ver se estamos ante unha promoción moi puntual ou ante un anticipo dun incremento no volume de datos das tarifas de prepagamento de Vodafone.