Os nenos británicos teñen móbil a partir dos 8 anos

mércores, 18 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Cativo falando polo móbil

Unha enquisa elaborada no Reino Unido por unha organización benéfica sorprendeu ao detectar que as tres cuartas partes dos nenos entre 7 e 15 anos tiñan coma mínimo un teléfono móbil, e a idade media para ter o seu primeiro móbil serían os 8 anos.
Pero os cativos non só están a ser moi adiantados no uso do móbil, senón que tamén se detecta que os nenos de 10 anos son capaces de facer compras en liña coa tarxeta de crédito dos seus pais, o 32% dos cativos mercaron algún xogo a través da Internet e a cuarta parte dos 546 rapaciños consultados tiñan votado polo móbil nalgún concurso televisivo, o que sumado ás descargas de sintonías para o móbil podería ilustrarnos sobre o feito de que esta adopción tecnolóxica ten unha cara económica que vai moito máis aló da comunicación interpersoal.