Os plans para levar a Internet ó rural, en entredito
mércores, 28 de marzo do 2007
Semella que esta información e outras semellantes sobre a chegada real a Galiza dos accesos en condicións a Rede teñen que ser colleitas con moito tino, a xulgar polo que está a dar de si unha entrada recente no Blogovic e os comentarios desencadeados por ela no blog e máis en Chuza!, e a xulgar tamén polos correos electrónicos que chegan decote á redacción de Código Cero nos que se pon sobre aviso: non se está a facer todo o que deberÃa facerse, nin dende as administracións nin dende as compañÃas, para levar a Rede a toda a nosa terra. E todo iso malia a boa fe e a ilusión de moitas das persoas que están a traballar en proxectos de dinamización, ilusión por paliar a fenda dixital que non serve de moito se logo (como nos conta a autora do devandito artigo en Blogovic) as empresas que se encargan de subministrar infraestrutura deciden dixirir a vista cara a outro lado, sobre todo porque (din) non atopan rendibilidade en equipar unha boa parte das nosas vilas e aldeas.
Ó artigo que citamos antes cómpre engadir esteoutro de Seve GarcÃa (moi visual) que garda unha estreita relación co que acabamos de dicir e que deberÃa movernos á reflexión, tanto ós que traballamos nos medios informativos (que temos a obriga de non deixarnos levar polo entusiasmo reflectido nas notas de prensa) como ás administracións e ás empresas responsables de facer máis doado o camiño dos galegos e galegas cara á Sociedade da Información (un dereito da cidadanÃa), e non de poñer máis atrancos dos que xa existen.
