Os retos do Big Data na investigación, polo miúdo no Campus de Ferrol

xoves, 10 de setembro do 2020 Redacción

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acolle ás 19:30 horas, a conferencia do doutor en Enxeñaría Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, Daniel Peña Sánchez de Rivera, no marco da Cátedra Jorge Juan que dirixe a profesora da Facultade de Ciencias do Traballo, Asunción López Arranz. Ao logo da súa intervención, o relator afondará nos retos e oportunidades que xerará a información a gran escala (o Big Data) nos eidos da docencia e mais da investigación.
Daniel Peña Sánchez de Rivera (Madrid, 1945) é doutor en Enxeñaría Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, diplomado en Socioloxía e Estatística pola Universidade Complutense de Madrid e ITP en Administración de Empresas pola Universidade de Harvard. Entre os anos 2007 e 2015 foi reitor da Universidade Carlos III de Madrid. Actualmente é o director do Instituto UC3M-BS en Financial Big Data e Catedrático do Departamento de Estatística da Universidade Carlos III de Madrid.
A entrada ao Salón de Actos Concepción Arenal será libre ata completar o aforo máximo de 49 persoas permitido pola normativa COVID -19.

PUBLICIDADE